xoves, 15 de febreiro de 2018

AMOR EN GALEGO


"Amor en galego" foi o lema para celebrar o Día de Amor no noso centro.  Podedes ver no vídeo como o noso alumnado ten moita imaxinación para expresar o amor e, por suposto, o desamor.

venres, 2 de febreiro de 2018

CELEBRACIÓN DE "LA CHANDELEUR"


Outro ano máis o Equipo de Biblioteca transformouse en Equipo de Repostería para celebrar "La Chandeleur", unha festa na que os nosos veciños franceses elaboran e ofrecen crêpes a familiares e amigos.  Fixemos "crêpes sucrées et crêpes nutella" e o alumnado participante no intercambio a Francia encargouse de repartilas durante o tempo de lecer.  Foi todo un éxito porque as crêpes estaban "delicieuses"!!