martes, 26 de decembro de 2017

PREMIOS DO CONCURSO DE NADAL

O pasado 21 de decembro déronse a coñecer os gañadores do concurso de Nadal.  O profesorado de Biblioteca e de Dinamización encargouse de entregarlles os tan merecidos premios.  Agora toca disfrutar do voso merecido descanso, artistas!









venres, 15 de decembro de 2017

CONCURSO DE NADAL

Xa están cerca as vacacións de Nadal e no noso centro respíranse... 
- Nervios polos exames? 
- Claro!  Pero queríamos referirnos aos moitos bos desexos que deixou o noso alumnado, pois foi o tema do Concurso de Postais deste ano.  Agardamos a deliberación do xurado para coñecer os premios.


domingo, 10 de decembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Tal día como hoxe, no ano 1948, a Asamblea Xeral da ONU firmou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.  Coñeces eses dereitos? Sabes por que naceron?  Consideras que se respetan en todo o mundo? No expositor da biblioteca podes atopar as seguintes suxestións de lecturas relacionadas con esta data.

luns, 4 de decembro de 2017

VIII XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Vimos de pasar parte da fin de semana nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares, en Santiago, centradas este ano en torno ao lema "Aprendendo a pensar coa biblioteca escolar".  Foron moitas e moi interesantes as conferencias, mesas e exposicións de experiencias.  Este ano pretendemos resaltar dous momentos: a vitalidade dunha recente biblioteca donostiarra, Ubik, centro de creación e de convivencia interxeracional, presentada pola súa responsable, Arantxa Mariskal; e a xenerosidade dun granadino,  o profesor Juan Mata, quen comezou a súa conferencia en galego e obtivo un cálido aplauso da audiencia.
Accederase en breve a todas as conferencias no blog das Bibliotecas Escolares de Galicia; pero para coñecer as impresións dos asistentes volcadas en Twitter pinchade AQUÍ.

venres, 1 de decembro de 2017

XORNADAS FERRAXEIRAS

Rematou novembro e, con el, as nosas primeiras Xornadas Ferraxeiras.  O alumnado participante aprendeu a programar robots a través de diferentes retos, gracias a José Pino, membro do Equipo da Biblio e profe de Informática.  Podedes ver as imaxes das Xornadas no Animoto, e a estructuración do obradoiro na presentación que vos deixamos eiquí debaixo.